O 75 non era mal ano
No 75 fíxenme un home, pasando do paro a aproba-las oposicións para ensinar latín en Ferrol. E, nisto, Franco púxose a morrer. España eran dous bandos: os que corrían o medo sendo audaces e os que o compensaban coa prepotencia. Os audaces esperaban poder falar libremente e os prepotentes estribillaban en consolida-lo monopolio da palabra. […]