A miña primeira anotación paremiolóxica

Este é o primeiro papel que eu escribín en galego. Era o Nadal de 1956,  tiña doce anos e, curiosamente,  é unha anotación de refráns que nesas vacacións en Mane, Barro (Pontevedra) me ía dicindo o meu avó materno Jesús Ruibal Barreiro, natural da aldea de Soar, en San Lourenzo, Moraña (Pontevedra).

Non é unha anotación ortográfica senón, por dicilo dalgún xeito, “autográfica”. Fíxena como traballo que para ese Nadal nos puxera no Seminario de Santiago o profesor  Dr. Manuel García García, que nos impartía Preceptiva Literaria e que, coa complicidade do cardeal Quiroga Palacios, tamén nos ensinaba  noutro curso máis alto Historia da Literatura Galega nunha materia práctica (sen exames) que oficialmente se chamaba Prácticas de castellano. Historias curiosas dos tempos da dictadura.

D. Manuel García fora membro activo do galeguismo cristián do tempo da República, membro da Revista Logos e, segundo un día me asegurou D. Paco Del Riego, fora militante do Partido Galeguista.

A totalidade dos refráns, que D. Manuel García recibiu dos seus alumnos santiagueses entre 1947 e 1958 suma a interesante cifra de 3.875 refráns. El non os publicou senón que llos entregou ó reitor do Seminario de Lugo Francisco Vázquez Saco, que preparaba un gran Refraneiro pero que morreu sen publicalo e, mesmo, sen acabar de ordenalo. Estes refráns de Jesús Ruibal viron a luz incluídos, como é natural,  no Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral (de Francisco Vázquez Saco) na revista Cadernos de Fraseoloxía Galega  5,, 2003; CXVII+ 1067 páxs.)[http://www.cirp.gal/w3/publicacions/pub-0142.html]. 

Pero, por ser un conxunto paremiolóxico especificamente “santiagués”, tiveron tamén edición autónoma indicando o nome e o lugar de orixe dos seus colectores  co título ”Refraneiro do Seminario de Santiago”  en Cadernos de Fraseoloxía Galega 4,2003; 173 -343. [http://www.cirp.gal/w3/publicacions/pub-0141.html]. 

Lembro a emoción con que, ordenando os papeis de Vázquez Saco e vendo neles refráns de compañeiros meus de Seminario, presentín  que alí poderían aparecer  tamén os meus  primeiros refráns.  E apareceron unha das noites en que me tocara acompañar a miña nai  xa moi enferma.  Aínda tiven tempo de lerllos pola mañá e ela dixo emocionada  Así mismo é. Dicía eses e moitos máis.

REFRÁNTEXTO ORIXINAL
En San Xoán tanto queixo coma panEn S. Xohan tanto queixo com’apan
Onde hai patrón non manda mariñeiroOnde hay patron non manda mariñeiro
O que peca e fai pecar a outro, ten que cumplir dúas penitenciasO’ que peca e fai pecar a outro ten que cumplir duas penitencias
No San Martiño, nin fabas nin viñoN’o San Martiño nin fabas nin viño
Poda en marzo, vendima no regazoPoda en Marzo, vendima no regazo
O que aúna no San Xoán, ou é tolo ou non ten panO’ que auna n’o S. Xohan ou e tolo ou non ten pan
Polvo en abril, lama en agostoPolvo en Abril, lama en Agosto
No marzo abrigho, noces e pantrighoN’o Marzo abrijo noces e pan trijo
San Martiño sempre quere o seu graíñoS. Martiño sempre quere o’ seu graiño
Toda a xente mata o lobo menos a súa que a lambeTod’a xente mata o’ lobo menos l’asua qu’a lambe
Axúdate que *Dios te axudaráAxúdate que Dios t’axudará
O que fala sen sabe-lo que dixo, ou é tolo ou non ten xuízoO’ que fala sin saber l’o que dixo ou e tolo ou non ten xuicio
O que con cans se deita, con pulgas se levantaO’ quecon cans se deita con pulgas se levanta
Home pequeno, fol de venenoHome pequeno fol de veneno
Ovella que berra, bocado que perdeOuvella que berra bocado que perde
Xente nova e leña verde, todo é fumeXente nova e leña verde todo e fume
Os que non fuman nin beben viño, o demo os leva por outro camiñoOs’ que non fuman nin beben viño o’ demo os leba por’outro camiño
O pouco, ben repartido, chegha pra todosO’ pouco ben repartido cheja pr’a todos
Se che doe a barrighá, ráscaa contra unha vighaSi che doi a barrija rasca contra unha bija
O que ten tenda que a atenda, e se non que a vendaO que ten tenda qu’atenda e si non qu’a venda
(Visited 16 times, 1 visits today)

Tal vez che interese

DEIXA O TEU COMENTARIO

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar está a da-lo seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pique na ligazón para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies