Non hai resposta mellor có amor

Intervención de Ferro Ruibal a partir do 11:50

Ser literato vén de nacemento e de moita disciplina. É unha arte. E non chega con que ocasionalmente algunha cousiña, coma o Papiro 10, chegue a recitarse en enterros de seres moi queridos, no momento da paz. Ser literato é outra cousa. 

Eu non son literato. Só escribín tres relatos para  dúas campañas de literatura de viaxes: os dous primeiros para a Empresa Castromil (1929-1999) que foi a que primeiro conxugou a súa excelencia empresarial (líder en España) coa introdución da lingua galega en 1992 como lingua de relación e de identidade, dando ós seus primorosos autobuses o nome dun artista galego (empezando por Rosalía de Castro) e agasallando os seus clientes con 30 relatos curtos creados para eles (os Contos do Castromil). 

A sociedade respondeu identificando a Empresa Castromil  como un símbolo de Galicia excelente que queremos e outorgoulle  o Pedrón de Ouro (1992).  Foi providencial que a Empresa Castromil estivese presidida por un pianista de sona en toda Europa (Ramón Castromil) e que tivese tamén no Consello un anxiólogo  e cirurxián vascular  da categoría de Evaristo Castromil. 

No ronsel de Castromil  en 2009 outras empresas do mesmo sector (Travibús Noroeste) repetiron a experiencia de establece-lo galego como lingua de relación cos viaxeiros e de os agasallar tamén con seis relatos novos e exclusivos. 

Esta colección, que se chamou Relatos da paisaxe, repetiu o éxito afectivo e comercial.

Eu non son literato pero tiven a sorte de que me convidasen a participar nestes dous experimentos comerciais que rozan o literario e o sociolingüístico.

(Visited 3 times, 1 visits today)

Tal vez che interese

DEIXA O TEU COMENTARIO

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar está a da-lo seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pique na ligazón para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies